A Universidade de Vigo presentaba onte o primeiro dicionario galego-euskera, que elaborou Isaac Fernández e que achega 5.000 vocablos para conectar os dous idiomas. Ao tempo, o Instituto da Lingua e a Real Academia deron á luz o Dicionario de pronuncia da lingua galega, realizado por Xosé LuÃs Regueira. O volume recolle a transcrición fonética de 47.000 palabras cunha proposta de pronuncia. Pola súa banda, BaÃa Edicións tirou recentemente do prelo Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión, un volume da autorÃa de Xoán López Viñas, Cilha Lourenço Módia e Marisa Moreda Leirado que explica de xeito accesible as bases do noso idioma.