Sentados en bancos de pedra nunha praciña, sobre lousas de xisto, os habitantes do castro de Formigueiros, no Incio (Lugo), representaron antes da chegada dos romanos un universo visual de labirintos, cabalos e salmóns, con trazos firmes e elegantes, e mesmo unha posible inscrición de escritura prerromana. O achado, único en Galicia, amósanos unha faciana inédita e moi humana da vida e a arte na Idade do Ferro en Galicia.
“Se estes debuxos os fixo un neno”, asegura bromeando Gonzalo Meijide, “este neno debuxaba mellor que os adultos!”. Gonzalo Meijide é arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e director do proxecto de excavación do castro de Formigueiros, no Incio (Lugo), e describe asà a calidade dos trazos dos que imos falar. Formigueiros é un recinto de espectaculares defensas e un “labirÃntico sistema de foxos e parapetos”, ubicado nun montesÃo cordal do concello, que protexen unha pequena área interior de apenas 2.000 metros cadrados. “Eu penso que era unha fortaleza, non un castro máis tÃpico de carácter agrario”, apunta Meijide. “No seu momento, as murallas conservaban tres metros de altura e cara dentro sumarÃan mesmo uns 10 metros de altura. Cun circuito menor estarÃamos ante unhas murallas tan impresionantes como as de Lugo”.
Polas evidencias atopadas, os arqueólogos cren que a fortaleza de Formigueiros estivo habitada, máis ou menos, ata a chegada dos romanos. “Na metade do século I d.C., o lugar abandónase”. O equipo localizou, con todo, evidencias, dunha reocupación posterior, sobre as ruÃnas do antigo castro: muros pobres construÃdos sen coidado, como ás presas, moito máis tardÃa. “Poden ter que ver coa crise do Imperio romano e as invasións xermánicos”. Os descendentes dos habitantes de Formigueiros volverÃan empregar as rexas e fortes defensas da acrópole cincocentos anos despois de ser abandonada para protexerse dunha época tinxida de violencia.
O equipo dirixido por Meijide leva varios anos traballando no xacemento; en concreto, exhumaron unha área que ofrece unha visión curiosa da época. “A arquitectura ten moitos parecidos coa arquitectura tradicional do Incio, cos seus dinteis de madeira e os teitos de lousa. Hai casas nunha aldea actual que está a cincocentos metros que poderÃan estar dentro do castro”, sinala Meijide. Nesa área apareceron casas con escaleiras que parecen conducir a un sobrado, e unha praciña pavimentada con grandes lousas de xisto na que hai un banco de pedra apoiado na parede dun edificio que os arqueólogos identifican como unha cociña. “Dá a impresión de que estamos ante un espazo algo privilexiado, que era como un lugar de reunión”, indica Meijide.
Compases, cabalos, labirintos e peixes
Foi aà onde o equipo de Meijide localizou os achados. “Ao facer a escavación neste sitio entramos nunha ampla zona da que non coñecemos nada”, comenta graficamente o arqueólogo. Sobre o banco de pedra e nas lousas do chan apareceron unha serie de gravados. “Os deseños unicamente se observan ben con luz rasante, porque os sucos son moi superficiais”, sinalaron os membros do equipo nun artigo da publicación cientÃfica Gallaecia na que daban conta do achado. Nos gravados percÃbese unha coidada estética, e mesmo na perfección dalgúns trazos curvos, coma os circos, os arqueólogos suxiren que os habitantes do castro empregaron ferramentas coma o compás. Algunhas das formas parecen ser creadas a partir deste instrumento. “Os peixes de Formigueiros son combinacións de semicÃrculos”. Mesmo hai un disco circular de lousa que parece representar un taboleiro de xogo.
Unha das lousas representa dous cabalos que “non parecen ter sido feitos no mesmo momento” , e nun deles parece suxerirse unha escena de doma. Na última campaña apareceu tamén un labirinto espectacular gravado en lousa, cunha compoñente especial: “Os labirintos da antigüidade tiñan sete circunvalacións, pero este tiña once, que é o número de voltas que adoitaban ter na época medieval. O impresionante é que este serÃa o labirinto deste tipo máis antigo que aparece en Europa”. Meijide destaca a excepcionalidade do achado: “En Galicia os labirintos aparecen nos petróglifos, e máis ou menos pénsase que son do principio da Idade do Bronce. Pero aquà en Formigueiros apareceron catro labirintos nun contexto arqueolóxico claro da Idade do Ferro, con dous ou tres mil anos de diferenza con respecto aos petróglifos do resto de Galicia”.
O terceiro dos elementos son os diferentes peixes que aparecen localizados en diferentes lousas. AÃnda que o seu estado de conservación é distinto entre si, ver hoxe en dÃa estes peixes é emocionante. “Temos unha hipótese no caso dos peixes. Se os observas, decátaste que hai unha tradición en facer estas representacións: son unha especie de abstracción xeométrica na que se reúnen todos os elementos que poden definir un peixe”. Para os investigadores, a especie representada poderÃan ser os peixes de rÃo, mesmo da familia dos salmóns, un animal de gran valor simbólico no mundo celta.
A misteriosa inscrición
E hai algo máis estraño nun dos peixes atopados na última campaña, na que se exhumouo algo totalmente insólito: “nunha lousa reaproveitada noutro lugar apareceu un peixe cunha estraña inscrición que recorda aos alfabetos ibéricos”, indica Meijide. Se a inscrición fose un alfabeto, se fose “escritura”, tratarÃase do primeiro achado dunha escritura prerromana en Galicia. Aà e nada. Podes vela na galerÃa desta reportaxe.
A interpretación
Que significaban? Este xa é un asunto máis complexo. No seu artigo da revista Gallaecia, Meijide e outros dos membros do equipo, Xosé Ignacio Vilaseco e Jacek Blaszczyk, tentan situar no seu contexto cultural estas representacións de cabalos e peixes. Conservamos moi pouco das artes plásticas castrexas; ata agora os principais obxectos figurativos do mundo dos castros eran as famosas esculturas de cabezas e guerreiros. Pero para Meijide, os cabalos e os peixes non son un motivo illado nin único. AÃnda que non abundantes, a representación do cabalo era relativamente frecuente nas culturais indoeuropeas, e no mundo da PenÃnsula Ibérica na Idade do Ferro, tamén en Galicia. E os cabalos apareceron recentemente nun espectacular altorrelevo integrado na capela doutro lugar curiosamente tamén chamado Formigueiros, en Amoeiro (Ourense). Os peixes xa son máis estraños: aparecen debuxados nalgunhas cerámicas das RÃas Baixas pero hai poucos exemplos máis.
Só hai unha peza en toda a PenÃnsula ibérica na que concorren peixes e cabalos no mesmo espazo, e tamén pertence ao ámbito da cultura castrexa: é a fermosa diadema de Moñes, antes coñecida como Diadema de Ribadeo, cos seus fragmentos hoxe repartidos entre o Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid e o Museo de Saint-Germain-en-Laye (Francia). Todo parece indicar que eses labirintos (vinculados tradicionalmente ao culto solar), peixes e cabalos parecen pertencer a unha antiga tradición de representación. Posiblemente están contándonos historias, mitos e lendas das que descoñecemos case todo. Aquelas representacións, nesa praciña e bancos da fortaleza castrexa de Formigueiros, habÃan xogar un papel simbólico na cultura das xentes do lugar.
Cos recortes orzamentarios en cultura, a realización de novas campañas está aÃnda no aire. “Escavamos moi pouco ata agora”, sinala Meijide, “pero se Formigueiros ofreceu todos estes resultados, deberiamos poder seguir alÔ. AÃnda que non apareceu demasiado nos medios de comunicación, a historia de Formigueiros abre perspectivas fascinantes, un mundo novo que as especiais condicións da lousa para preservar os debuxos permitiunos albiscar os mitos e algo do universo simbólico dos nosos devanceiros.

Explora os gravados do castro de Formigueiros
Castro de Formigueiros. Imaxe aérea. Foto: Equipo de investigación de Formigueiros