Non coinciden na temática pero amosan un espÃrito inquedo, no que crean sen prexuÃzos, sen ataduras, rachando cos códigos dominantes, mesturan xéneros, traballos que van dos 3 minutos a ás cinco horasÂ…son a renovación do audiovisual galego. Non forman parte nin da mesma década pero hai quen os chama a “nova xeración”. Non lles importa a etiqueta e viven á marxe de calquera crise, en parte porque case todos autoproducen o seu traballo. Chámanse Óliver Laxe, Marcos Nine, Alberte Pagán, Lois Patiño, Peque VarelaÂ…. e os que virán.
¿Existe unha xeración de realizadores do audiovisual galego? Ultimamente non se para de acuñar esa etiqueta a un grupo de realizadores novos que non coinciden tematicamente, pero que amosan un espÃrito inquedo que crean sen prexuÃzos e sen ataduras (e sen parar), que rachan cos códigos dominantes, que mesturan xénerosÂ…. “A min non me gusta que nos chamen os emerxentes porque me sona como a deterxente” protestaba Oliver Laxe en novembro de 2009, cando participou en Cineuropa para dar a coñecer unha primeira montaxe do que despois serÃa Todos vos sodes capitáns. Aquel traballo acabou por converterse nun dos fitos do audiovisual galego, “tardará aÃnda un tempo en que nos deamos conta da importancia dese galardón” asegurou Martin Pawley, coordinador desa sección do festival santiagués que pretende servir de escaparate do traballo dos renovadores galegos. O filme de Laxe foi premio Fipresci na Quincena de realizadores da Sección Paralela ao Festival de Cinema de Cannes. E se a este galego nado en ParÃs hai 28 anos non lle gustaba a etiqueta, hai outros creadores que tampouco se senten cómodos con esta marca. “Son parte dunha xeneración que creo que non é só galega, senón moito máis ampla” afirma Victor Hugo Seoane, autor de traballos como Lugares no tempo (tamén presenta unha primeira montaxe en Cineuropa). Pero todos teñen puntos en común.
As claves dunha xeración
“Creo que si que parece que hai unha serie de autores cunha serie de inquietudes máis próximas ao máis contemporáneo do cinema actual. Empeza a haber un ambiente xeneral galego interesante” asegura Lois Patiño autor de series próximas a videocreación como Paisaxe: distancia, ou Lembrando os rostros da morte na que reflexiona sobre o instante de perda da vida. Pola súa banda, Marcos Nine considera que “xurdan producións paralelas á industrial en Galicia vén marcada polo abaratamento dos custes da tecnoloxÃa e, por outro lado, pola imposibilidade de meternos nunha producion industrial co tipo de produtos que queremos facer”. No que Nine xa non está tan de acordo é que sexa unha xeración espontánea. “O punto de inflexión é a figura do creador individual. Nun momento desde a ConsellarÃa de Cultura se creara unha orde na que se fala de creador individual da pé a que salten a escena unha serie de creadores que non teñen nada que ver co mainstream”. E Manolo González, director da hoxe extinta Axencia Audiovisual Galega, explica que “sempre pensei que que habÃa xente con moito talento que nunca poderÃa acceder a ningún tipo de axudas, nin facer os seus proxectos porque as produtoras estaban noutra liña de traballo”. Esta intuición desenvolveuna González no seu traballo cos máis novos, como profesor da Escola de Imaxe e Son, e cando tivo oportunidade deulle acubillo a toda esa creatividade. Foi unha iniciativa pioneira en todo o Estado, que primeiro se converteu nunha liña de axudas e logo, para facilitar os farragosos trámites administrativos, acabou por converterse nunha bolsa. “QuerÃa que a xente tivera a oportunidade” explica Manolo González. Para Nine, esta liña de acción abriu “unha vÃa de financiamento que impulsou que unha xeración xurdira de xeito paralelo ao xa existente. De non existir esta convocatoria, non existirÃa a unidade de grupo e creo que se perderÃan unhas cantas obras que non pasarÃan de ser ideas na cabeza” asegura o director de Aarón ou A Fabrica. Foron esas convocatorias da que se beneficiaron tanto novos creadores que non chegaban á trintenta, como Oliver Laxe, Lois Patiño ou Victor Hugo e xente que ronda os corenta anos (Alberte Pagán, Xurxo GonzálezÂ…) .
¿Qué os une? Para Manolo González está claro, “crear sen prexuizo, sen ataduras; actuar en local e pensar en global e estar conectados co mundo” asegura. Tematicamente non hai unidade pero “todos rachan cos códigos dominantes, aproveitan unha mestura de xénero que definen o cinema contemporáneo, que non teñen reglas”. Coa desaparición da Axencia Audiovisual Galega, os creadores promoveron un manifesto (Defensa das axudas de talento) no que solicitaban non só o mantemento desta liña de acción, senón o seu incremento orzamentario para reforzar este traballo que agora está a agromar.