Francisco José Viegas, director da portuguesa revista LER, falará esta tarde no Consello da Cultura Galega sobre “Recepción da literatura galega no ámbito lusófono”. A conferencia, que comezará ás cinco da tarde, estará seguida por un coloquio. Ademais do seu traballo na prestixiosa LER, Viegas é profesor universitario, escritor e director da editorial Quetzal entre outras actividades.