Unha obra inédita de prosa de Lois Pereiro, autor homenaxeado no vindeiro DÃa da Letras, verá a luz este inverno da man Edicións Positivas. "É unha especie de diario que Pereiro escribe estando no hospital e que lle envÃa a unha muller que chama P.", explica Francisco MacÃas, responsable da firma. Conversa ultramarina é un texto de preto de setenta páxinas que o propio autor titulou e que concibÃa como unha obra que poderÃa ser publicada de xeito póstumo. "É unha mestura entre cartas de amor e textos moi optimistas, nunca publicara material deste tipo e amosa unha imaxe de Lois ledo, con humor e con moitas ganas de vivir".