O trío electro-pop Colectivo oruga integrado por Álex Mera, Iago Martínez e Cuco Pino ven de poñer nas tendas o seu primeiro CD Too many knobs, traballo co que tamén abren o catálogo do novo selo Matapadre. Compoñen o disco nove temas cantados integramente en inglés. Os primeiros temas do disco xa poden escoitarse no MySpace do grupo, onde iran colgando cada semana cancións ata que estea o disco ao completo. Too many knobs gravouse entre os estudos Villa Angelina de Vigo e Litium de Pontevedra e masterizouse nos West Side Studios de Nova York. O primeiro videoclip de colectivo oruga Decembers descent, foi realizado por Toño Chouza e está pendente de estrea.