Gonzalo Uriarte recibe o IX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

O concello de Padrón concede este premio que está dotado con 1.200 euros

A súa interpretación na obra O xogo de Yalta. Afterplay así como a súa longa traxectoria no mundo da interpretación, acaba de valerlle a Gonzalo Uriarte o IX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva. O galardón está dotado con 1.200 euros xunto cun diploma e un busto da actriz que dá nome ao premio. Uriarte recolleu o premio este sábado en Padrón, cuxo concello é a entidade convocante.