A Real Academia Galega presentaba o pasado venres o primeiro Dicionario galego de recursos humanos. Con 1.300 termos en galego, 1.400 en castelán e 1.700 en inglés, esta obra quere facilitar o emprego da nosa lingua no ámbito empresarial, achegando alternativas a anglicismos e neoloxismos. Esta non é a única novidade en canto a obras de consulta para a nosa lingua, xa que ás sete e media desta tarde Galaxia presenta o Dicionario galego de pedagoxÃa. A obra reúne arredor de 500 entradas nas que se explican polo miúdo termos e conceptos desta disciplina.