Cos nomes de Galicia.br e Galicia.pt, a nova edición de Culturgal presenta dúas noites temáticas dedicadas aos principais paÃses da LusofonÃa. Actuacións de Érika Machado, Kiko Klaus e Carlos Blanco o dÃa 26 e de Deolinda e Budiño o 27, canda á celebración do Foro Creativa, dedicado ao encontro entre industrias culturais das dúas bandas do Miño, marcan a edición máis lusófona do evento. Canda a isto, a organización prepara un programa no que o teatro cobra unha especial relevancia. Actuacións musicais, un espazo para as novas tecnoloxÃas ou zonas para os máis cativos completan un evento no que está prevista a presenza de preto de medio cento de expositores das diferentes industrias culturais galegas.
Dosier completo do Culturgal 2010.