Manuel Castelao faise co premio Carvalho Calero de Ensaio

A categoría de narrativa ficou deserta

Elucidacións da sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero é o título da obra coa que Manuel Castelao Mexuto, tamén coñecido como Raúl Veiga, gañou o premio Carvalho Calero de Ensaio. Segundo o xurado, a obra de Castelao é un traballo "serio, rigoroso e interpretativo", que ao tempo fai un esforzo didáctico que o achega ao público non especializado. O gañador levará 3.700 euros e verá a súa obra publicada. A categoría de narrativa do certame quedou deserta por segundo ano consecutivo.