San Andrés de Teixido agochaba murais do século XVI

Os frescos representan o martirio do santo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As obras de acondicionamento exterior do santuario de San Andrés de Teixido revelaron a existencia de pinturas murais ocultas neste edificio. Os frescos, que se atopan detrás do retablo do altar maior, están datados do século XVI e son da autoría de Pedro de Navarro. Nos mesmos represéntase o martirio de San Andrés con dous verdugos e suponse que orixinalmente habería representados máis personaxes. Segundo o arqueólogo Emilio Ramil, que coordina os traballos na capela, é posible que a pintura sexa mesmo anterior ao período sinalado, visto o estilo arcaicante das figuras.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos