Mondariz Balneario lembra a Socidade dos Amigos de Galicia

A vila acollerá un seminario sobre patrimonio cultural o vindeiro 13 novembro

Hai 85 anos, Mondariz Balneario acollía o nacemento da Socidade dos Amigos de Galicia, un grupo promovido por Valle-Inclán, Ramón Cabanillas, Enrique Peinador e Victoriano García Martí. Agora, para conmemorar este aniversario, descubrirase unha placa no edificio do concello o vindeiro sábado. Ademais, a coincidir con isto, celebrararase un Seminario Sobre o Patrimonio Cultural de Galicia, que organizan a Fundación Peña Novo e a asociación Álvaro das Casas. No mesmo intervirán, entre outros, o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, o catedrático en Arqueoloxía Fernando Acuña ou o etnógrafo Clodio González Pérez. Entre outros temas abordarase a lexislación sobre patrimonio, a situación de museos e arquivos ou o futuro das danzas rituais do noso país.

Programa do Seminario sobre o Patrimonio de Galicia. Mondariz Balneario 2010.