Unha gala no Instituto RosalÃa de Castro, en Santiago, conmemorará hoxe as quince edicións do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. José Saramago, Mario Vargas Llosa, Rosa Aneiros e a editorial Tusquets recibirán a homenaxe dos organizadores do certame. Ademais, segundo anunciou o director do centro, na vindeira edición participarán no xurado alumnos de Madrid, Viseu e dun centro francés, ampliando a composición que ata o de agora quedaba restrinxida a alumnos galegos. Ademais, hoxe recollerán os seus galardóns os gañadores da XV Edición, Inma López Silva, Ignacio MartÃnez de Pisón e Henning Mankell.