O ICAA concede a Galicia case tres millóns de euros para promover o cinema en galego

Cataluña recibirá, para este mesmo fin, 4.587.751 euros

8/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
9 lecturas | Compartido 0 veces

En virtude da coñecida Lei do Cine (a lei 55/2007 de 28 de setembro) creouse un fondo para a protección e fomento do cinema nas linguas cooficiais. A semana pasada, o Boletín Oficial do Estado publicou os convenios que o ICAA, o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, asinou coas diferentes comunidades a este fin. A Galicia chegarán, a través da consellaría de Cultura, 2.826.865,69 euros, case a metade do que o ICAA destina a Cataluña a través do ICIC (Instituto Catalán de Industrias Culturais) con 4.587.751,31 euros. Benefícianse deste fondo Navarra 143.652,00 euros e Valencia con 1.564.731,00 euros.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, ICAA, Cataluña, Valencia...

Claves

Entidades
Conceptos