Con tÃtulo de Escritores/as Novos/as ante vellas preocupacións, a AsociacÃón de Escritores en Lingua Galega convoca para o seis de novembro a quinta edición deste encontro, que reúne as plumas máis recentes das nosas letras. Nas vellas preocupacións que se tratarán está a importancia dos certames literarios nos sistema galego, o público para a poesÃa ou a posición das nosas letras ante a lingua. No blog do evento pódense ver xa videos nos que algúns dos participantes no evento adiantan a súa opinión.