Para alén da efectista substitución da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura por outra centrada na industria editorial, a presentación dos orzamentos da ConsellarÃa de Cultura que fixo onte no Parlamento Roberto Varela, deu para moito máis. A Cultura enfróntase o vindeiro ano a un recorte de fondos considerable, no entanto, fica por ver como se desenvolve a execución real dunhas contas que deixan no ar moitas cuestións importantes.
Sen dúbida, a grande sorpresa do debate que se produciu onte na Comisión Terceira do Parlamento foi o anuncio das mudanzas estruturais no departamento de Cultura. O novo nome para a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, que se centrará agora no libro e na edición, supón tamén unha concentración de competencias ao sumar a xestión das redes de bibliotecas e arquivos. Ademais implica un incremento das competencias da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que pasará agora a ocupar un lugar central na promoción cultural do paÃs. No entanto, as contas da ConsellarÃa non revelan mudanzas substanciais que apoien estas mudanzas, e de feito AGADIC sofre un importante recorte dos seus fondos. Queda por ver o xeito en que se artella esta mudanza cunhas contas, que segundo recoñeceu o propio Conselleiro, sufren un importantÃsimo recorte.
Os grandes números
Cun orzamento consolidado de 175,9 millóns de euros, Cultura terá para gastar en 2011 133,2 milóns, un 32% menos do que o pasado ano. Segundo denunciou a parlamentaria do BNG Ana Pontón, o recorte neste departamento triplica a media de descensos orzamentarios na Xunta.
dos un 40% irán para o programa de Coordinación e Promoción do Turismo mentres que 37,6 millóns de euros, un 28,15% do total, destinaranse a programas de Creación, promoción e difusión cultural.
Seguir lendo
Malia a que o Ano do Libro e da Lectura remata, a promoción deste tipo de consumo cultural continúa a ser unha prioridade para Cultura, como revelan os 2.125.000 euros que recibirá. Destes, 1.225.000 irán directamente a apoio á edición. A nosa industria editorial continuará, en principio, contando con apoios públicos para asistir a feiras internacionais, con preto 800.000 destinados a este fin, unha partida que en 2009 contaba con 1.300.000 euros, segundo lembrou Concepción Burgo López, parlamentaria do PSdeG. A nivel de efemérides, veremos en 2011 celebracións dos 100 anos do nacemento de Cunqueiro, 125 do de Castelao e 75 da morte de Valle-Inclán. En apoio aos creadores, Varela adiantou que haberá 2,3 millóns de euros. A estes, segundo el, hai que engadir os 3,8 millóns que no mesmo sentido investirá AGADIC, aÃnda que o orzamento de Cultura non desglosa este apartado. No sistema público de lectura, a tan demorada posta en marcha da Biblioteca de Galicia como cabeza do sistema de bibliotecas de Galicia é a grande novidade para o vindeiro ano. Neste campo investiranse 3,3 millóns de euros. A adquisición de novos fondos para a rede de bibliotecas terá 350.000 euros o que, segundo lembrou a parlamentaria Burgo López, é un terzo menos do que no pasado ano. Ademais, insistiu en que a partida para conservación de bibliotecas baixa nun 92,5% e o fondo para reparacións nestes centros queda en 2.600 euros.
AGADIC
O departamento que concentrará agora todas as accións de promoción cultural terá en 2011 preto de 1,5 millóns de euros menos do que no último exercicio, cando tiña menos competencias. En total, Axencia das Industrias Culturais conta para o ano 12,7 millóns de euros. Destes, 5,5 millóns irán destinados a axudas para o sector artÃstico e audiovisual. Fronte as reclamacións do sector, Varela insistiu en que se manterán ao mesmo nivel de 2010 as axudas á distribución das artes escénicas. Ao tempo, focalizou na consolidación da Rede de Música ao Vivo, na de Salas e Auditorios e mais na de Teatro un dos obxectivos prioritarios da Axencia, que achegará a estes fins 1,5 millóns de euros.
O Gaiás
Os fondos destinados á Cidade da Cultura en 2011 supoñen 23 millóns de euros, que se distribúen entre a propia ConsellarÃa, que achega 13,5 millóns de euros ao complexo, e mais a Fundación Cidade da Cultura, que se fai cargo do resto dos fondos. Os novos atrasos na apertura da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, anunciado agora para xaneiro de 2011 foron duramente atacados pola oposición, que lembraron que os mesmos xa se fixaran para 2010.
Patrimonio
Os programas de recuperación patrimonial semellan verse especialmente afectados nas contas da ConsellarÃa. Segundo as contas que achegou Burgo López, do PsdeG, os fondos para a protección do patrimonio descen nada menos que un 82% a respecto do pasado ano. Varela presentou como proxectos estrela o investimento de 1,2 millóns de euros na Muralla de Lugo e o seu contorno, que irán destinados a obras de accesibilidade, recuperación do lenzo interior do monumento e a accións en depósitos como o aparecido no vicerreitorado. O orzamento fai parte do Plan de Restauración de Castelos e Fortalezas, que non foi detallado polo conselleiro. Do mesmo xeito, destacou os 870.000 euros que se destinarán a accións nos catro centros da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico e mais os 750.000 euros destinados a axudas á protección de bens patrimoniais. Do mesmo xeito, a recuperación e delimitación de rutas xacobeas mantense como unha prioridade para Cultura, tanto mediante a Sociedade de Xestión do Xacobeo como nos orzamentos de Patrimonio. Só no Plan de Restauración dos Camiños de Santiago, co apoio do 1% cultural do Ministerio de Fomento, investiranse 2,1 millóns de euros. O apoio á recuperación de Patrimonio Eclesiástico e mais o de Conservación de AbadÃas, Mosteiros e Conventos é outro dos apartados con máis fondos, 1,3 millóns de euros, segundo anunciou Varela. A recuperación do Pazo de Liñares e mais da Torres de Oeste son outras das accións destacadas que desenvolverá o departamento.
San Simón e memoria
A Illa de San Simón e os seus empregos foi un dos puntos que centraron na mañá de onte o debate na Comisión Terceira. O feito de que nas contas de cultura figuren unicamente 9.600 euros para as actividades da Fundación que xestiona a Illa motivou as queixas das representantes da oposición, que preguntaron en que xeito se vai facer do espazo o centro cultural de referencia que anunciara Varela. Ademais, criticaron de xeito unánime que o espazo deixe de funcionar como referente da memoria da represión franquista. Varela pola súa banda sinalou que a Illa continuará a ocupar un espazo preferente na recuperación da memoria histórica. Pola súa banda, Ana Pontón denunciou a desaparición das partidas destinadas a proxectos de investigación neste ámbito, o que fai supor a supresión do programa Nomes e voces.
O audiovisual
En relación coas industrias culturais, os orzamentos de 2011 manteñen a división de competencias encol do audiovisual. Malia a que legalmente lle corresponderÃa ao Consorcio Audiovisual de Galicia a xestión de axudas neste sentido, doutra volta a Axencia Galega de Industrias Culturais conta con partidas con este fin. Ademais, segundo denunciou a nacionalista Ana Pontón, os orzamentos neste sentido inclúen 2.800.000 euros que fan parte dos fondos do Goberno Central para a produción en lingua galega, polo que na realidade o apoio da Xunta ao audiovisual nese sentido descende considerablemente.
CGAC
A seguir coa inevitables austeridade, o Centro Galego de Arte Contemporánea centrará a súa actividade en visibilizar os seus fondos propios e en proxectos en cooperación con centros como o MACBA de Barcelona, a Fundación Tapiés ou o Bozar de Bruxelas. A nivel de produción propia, Varela adiantou que, nos tres millóns de euros de orzamento previsto,
BD
Malia a que Varela anunciou que o seu departamento continuará co apoio á novena arte galega e que pretende continuar a participación en eventos como o Saló del Còmic de Barcelona ou Angoulême, as contas non refliten, como si facÃan o pasado ano, unha partida para as axudas á creación, o que fai pensar que en 2011 non haberá unha nova convocatoria das mesmas. Malia a isto, Varela mencionou especificamente apoios aos creadores e a vindeira edición dunha GuÃa de Ilustradores.