O xurado do Premio Nacional de PoesÃa XosemarÃa Pérez Parallé, reunido en Fene, decidiu por unanimidade outorgar o premio deste ano ao libro Nómade da autorÃa de MarÃa Rosendo Priego, presentado baixo o pseudónimo “Verdecente”. MarÃa Rosendo (Vigo, 1984) participou en recitais poéticos coas Redes Escarlata ou na II Rebelión da décima musa pero non ten ningún texto publicado. Nómade é, tal como se indica nas bases do premio, o primeiro libro da autora que verá luz. Na actualidade vive en Compostela onde traballa en produción teatral coa compañÃa Berrobambán. O Premio Nacional de PoesÃa XosemarÃa Pérez Parallé convócao o CÃrculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene para lembrar a figura do “Segrel do Penedo”. Desde hai xa varios anos, o premio está dedicado a promover a obra dun autor ou autora inéditos en lingua galega. A entrega do premio levarase a cabo nun acto que terá lugar o próximo sábado 20 de novembro na sede do CÃrculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene.