Unha estatua na rúa Carreira do Conde, en Compostela, lembra desde o pasado sábado a Ricardo Carvalho Calero cando se fan cen anos do seu nacemento. A homenaxe foi promovida desde a Fundaçom Meendinho e contou co apoio de numerosas entidades e persoeiros do paÃs. Pola súa banda, a Asociación Socio-Pedagóxico Galega, en colaboración co Concello da Coruña, inaugurou na casa-museo Casares Quiroga coruña unha exposición centrada na figura do autor da primeira historia da literatura galega. Ao tempo, a Associaçom Galega da LÃngua e mais Komunikando.net fallaron o concurso Musicando Carvalho Calero, no que diferentes formacións facÃa versións musicais dos textos deste autor. Finalmente, o grupo A Minha Embala fÃxose co premio co premio MarÃa Silêncio. Tanto a AS-PG como a Fundaçom Meendinho anunciaron a vindeira celebración de congresos con Carvalho Calero como protagonista.