O sábado botaba o fecho o XIV Salón do Cómic de Cangas. Con esta ocasión, realizouse a entrega de premios do certame correspondente. Desta volta, o vencedor foi Pablo Álvarez Rosendo, que levou os 300 euros da categoría para maiores de idade. Canda a el, neste tramo resultou segundo Daniel Iglesias Padrón e terceira Laura Viéitez Comesaña. Entre 14 e 17 anos impúxose Juan Molina Fernández, mentres en Viñeta Xove, o premio foi para Marcos García López, cun accésit para Miguel Collazo del Río. O xurado destacou a alta calidade dos traballos presentados. Unha exposición no Auditorio de Cangas recolle as obras premiadas.