A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da ConsellarÃa de Cultura. O departamento será substituÃdo pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se dedicará á promoción das industrias culturais do paÃs.