A XXVIII edición de Galeusca, a reunión de escritores galegos, bascos e cataláns que se celebrou esta semana pasada na Coruña, fixo públicas unhas conclusións nas que denuncia a regresión orzamentaria en materia de Cultura do goberno galego: "Denunciamos a regresión na polÃtica de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo de autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artÃsticas". Galeusca tamén manifestou o seu desacordo co decreto do plurilingüismo e coa convocatoria deste ano dos Premios de creación: "polo seu rexeitamento do cualificativo “Nacionais” co que naceron no seu dÃa e pola anulación da dotación económica que conlevaba esta mención de recoñecemento".
VÃdeo coa lectura das conclusións:
VÃdeo coa lectura das conclusións: