A fábrica dos soños

Palimoco Teatro fala da morte no espectáculo Construccións Clementinas

9/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
21 lecturas | Compartido 0 veces

Clementina non quere acompañar á súa filla (e á súa familia) na súa nova vida en Nova York. Decide ficar soa, na súa casa de sempre. A súa pensión non lle dá para vivir e as débedas afógana ata tal punto que un día recibe unha nova de que lle embargan a casa. É entón cando o corazón de Clementina non pode máis. “A metáfora da obra é que a xente segue con nós mentres nos lembremos dela, que é o que lle pasa a Clementina que constrúe una fábrica de soños para que todo o mundo a recorde” explica Paloma Lugilde, unha das integrantes de Palimoco Teatro. Construccións clementinas é a súa última aposta coa que a compañía achega un universo lunar (o cerebro de Clementina) habitado por curiosas personaxes.
Reparto Artístico Alba Fernández Clemens, Nena das Arestas, cráter Artistiña, reloxo e oficinista. Paloma Lugilde: Clementina e reloxo tolo Alfonso Míguez: Sigfrido, cráter Mala Pata, reloxo e oficinista Iria Otero: Kenia (filla de Clementina), Nena do Ollo Pecho, cráter Listiño, reloxo e oficinista Alberte Viveiro: Robert, Home das Apertas, oficinistas e cráter Malas Pulgas. Ficha Técnica Produción e distribución: Javier Díaz e Maribel Lugilde Prensa: Maica García Cartaces e programas: tatata Equipo Técnico de luz e son: Luzsonga. Alfredo Sarille Escenografía: Suso Díaz Imaxes: Suso Díaz e Diego Blanco Fotografía: Mario García Herradón Música: Germán Díaz PI Vestiario: Teté Díaz Realización do vestiario: Teté Díaz, Chelo Trinidad, María Lamela. Asesoramento: Suso Díaz Dirección: Paloma Lugilde
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos