Mañá, 30 de outubro, fanse 90 anos do nacemento en ourense da revista Nós. Para o conmemorar, a cidade está a desenvolver unha serie de actos, que inclúen a edición dun facsÃmile do primeiro número da coñecida publicación e unha mostra de exemplares orixinais da mesma. Pola súa banda, a Real Academia celebrará na sede da deputación ourensá un pleno extraordinario. Ademais, Ourense aspira a celebrar os cen anos da revista, en 2020, sendo Capital Europea da Cultura. Para isto xa se puxo en marcha unha plataforma cidadá que buscará apoios de cara a este obxectivo.