Edicións do Cumio presenta unha colección que baixo o lema Antoloxías Poéticas Sonoras dará cabida ás voces e versos dos poetas galegos actuais. Cada volume está adicado a un só autor, presentando unha selección da súa obra editada ata o momento á que acompaña dun CD no que se pode escoitar o poeta recitando os seus versos máis senlleiros. Inician este proxecto Nacer é unha república de árbores, antoloxía de Chus Pato realizada por ela mesma, e De sombras e poemas que son casas, selección de poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo, feita tamén polo propio escritor. A intención das Antoloxías é poñer en valor as grandes voces líricas actuais, para o que se apostou por unha edición de alta calidade, así como crear un fondo sonoro que permita a esta e vindeiras xeracións un achegamento lúdico á súa poesía galega.