Xosé Díaz Jácome. Poeta e xornalista é o título do ensaio co que Armando Requeixo acaba de gañar o XXIV Premio Literario Ánxel Fole. O autor, que levará 9.000 euros, percorre no seu traballo a biografía deste intelectual, achegando ademais abondosos documentos e fotografías sobre este autor. Requeixo reivindicou a importancia de Díaz Jácome e apuntou que non logrou maior trascendencia "por ser humilde". O premio está convocado pola Fundación Caixa Galicia e mais El Progreso.