Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro é o lema da XXVII edición de Galeusca, que comeza o vindeiro 29 de outubro na Coruña. O encontro, que reúne escritores das tres literaturas, analizará cuestións como o papel da literatura en canto forncedora de contidos para outras industrias culturais, as viaxes nas letras ou o papel desta arte como convivencia entre novos e vellos soportes. Recitais e un percorrido rosaliano completan o programa do encontro.