O traballo de Marcos Calveiro está a consolidalo no últimos anos como unha das voces máis orixinais da nosa literatura. Da novela histórica á literatura xuvenil, premios, vendas e crítica apuntan o autor de Settecento ou de Festina Lente como un valor en alza.
¿Cando coñeciches o portal?
Xa nin me acordo, haberá sete ou oito anos
¿Como o ves na actualidade?
É o primeiro que abro todas as mañás dentro da nosa cultura. Fai un labor importante, e desde logo a min sempre me tratastes ben, a nivel de libros e de cobertura. É una iniciativa fantástica e unha referencia no mundo cultural.
¿Que pensas que lle falta?
O mesmo lle faltan máis recensións de libros e traballo de visibilización. A nivel de actualización de novas e de seccións paréceme perfecto. Ás veces faltan tamén certames, pero hai existen en moitos casos problemas de comunicación desde os organizadores.
¿Hai algún servizo que empregues habitualmente ou algún contido que lembres de xeito especial?
Fundamentalmente consulto Lg3. E logo o Dosier de medios, que me parece fantástico. En vez de andar mirando polos xornais as novas culturais, xa o teño aí todo xunto.