O recinto feiral de Pontevedra acollerá entre o 26 e o 28 de novembro a nova edición de Culturgal, a feira das industrias culturais. O evento está organizado pola Asociación Culturgal, que agrupa as principais industrias da cultura do paÃs e conta como principal patrocinador coa Axencia Galega das Industrias Culturais. Nesta edición, a feira fai parte do programa Creativa, que busca favorecer a conexión entre industrias do sector galegas e portuguesas. Os organizadores aseguraron que agardan manter o nivel do encontro malia á crise, e Juan Carlos Fernández Fasero, responsabel de AGADIC, anunciou que a súa entidade ten previsto o apoio á edición 2011. As entidades interesadas en participar teñen aberto ata o 29 de outubro o prazo de inscrición.
Dosier de presentación do Culturgal 2010.