A crise, a revolución electrónica e a declaración do libro como sector estratéxico para Galicia son as as coordenadas que marcan o nacemento do Clúster da Edición, LibrarÃas e Comercialización de Galicia. A nova entidade, que agrupa as principais entidades do sector, preséntase ao público con vontade de se abrir a todos os actores que participan no proceso do libro e defender o sector “da ameaza do libro electrónico”. Precisamente o presidente da entidade, Alfonso GarcÃa SanmartÃn, revelou que as editoras galegas que apostaron por ese formato só venderon 30 exemplares nun ano.
O Consello da Cultura Galega acollÃa na mañá do 19 de outubro unha presentación histórica no panorama cultural galego. O sector do libro constitúese nun Clúster que reúne as principais empresas editoras, distribuidoras e de venda do noso paÃs. O proxecto nace nun momento no que o sector enfronta, canda á desfavorable conxuntura económica, a crise do seu modelo de negocio, que debe axeitarse ás posibilidades da edición electrónica. O proxecto pretende favorecer a innovación empresarial, a formación e os proxectos conxuntos entre os seus participantes, asà como actuar de mediador fronte á administración.
Participantes
O feito de que participen na nova entidade a Asociación de Editores e mais a Federación de Libreiros garante xa desde un comezo unha ampla representación das empresas do sector. A estes súmanse no proxecto diferentes distribuidoras, pero, segundo asegura o presidente, a intención do Clúster é conseguir representación de todos os actores vencellados ao libro. Segundo explica Alfonso GarcÃa SanmartÃn, presidente da entidade, “na xunta xestora hai representantes dos distribuidores, pero a cousa non queda ahÃ. Pretendemos agrupar a todo o sector, e iremos asociando ou convidando creadores, xente das universidades e demais”. Esta aspiración atopa o problema de que, ao ser un Clúster por definición unha asociación empresarial, está por ver como se poden integrar no mesmo autores. “Non abundan os autores que vivan exclusivamente do libro, pero si queremos que nun apartado de colaboradores se poda incluÃr a maior parte posible de xente. Temos a perspectiva de enriquecer o produto e que poidan participar nos eventos e formación que se vaian montando”.
O momento dixital
O libro electrónico preséntase como reto fundamental para o futuro do sector. Segundo explicou o presidente na presentación do novo colectivo, “detrás da filosofÃa da creación está responder á ameaza do libro electrónico, que vén para ficar, aÃnda que a súa implantación vai ser moito máis lenta do que se augura”. Para GarcÃa SanmartÃn “Isto vainos afectar a todos, tanto ao proceso de creación, que deberá ter un modelo diferente ao actual, pero tamén os editores, a comercialización e mesmo á sociedade global”. E é que os novos formatos ameazan tamén con modificar o papel dos distribuidores e libreiros. “Desde o Clúster queremos defender a estrutura actual do sistema de edición, plantar cara en defensa do conxunto do sector. Algúns editores poderÃan pensar en aproveitar as novas tecnoloxÃas e deixar fóra a distribución” mediante a venda directa. “Nós apostamos por manter toda a cadea de valor no sector do libro”, sinalou na presentación, “haberá que buscar as opcións menos lesivas para o conxunto”.
30 exemplares
Nese sentido, conseguir información fiable sobre o modelo de negocio e de creación neste sector é unha das prioridades do sector. “Están aparecendo moitas novas sobre isto, pero en moitos casos están monopolizadas polos creadores de aparellos lectores. Queremos coñecer ben isto, para tomar decisións o máis racionais posibles e non nos deixar levar por ilusións que poden ser desastrosas. Os cantos de serea que falan da morte do libro tradicional son contraditorios cos datos reais da súa utilización”, explica o presidente do Clúster. “As editoras galegas que apostaron polo libro electrónico venderon nun ano uns trinta exemplares. Entón se a demanda é mÃnima, orientar as empresas de xeito masivo ao formato dixital serÃa suicida”. A completar estes datos, no Clúster sinalan que a presenza deste tipo de produtos en sociedades como Estados Unidos ou Alemaña, segue a ser mÃnima, cunha porcentaxe de só un 1,5% do mercado neste último paÃs.
A crise económica
“A crise está aÃ. Entendemos que é conxuntural, pero xa se está a notar. O sector da cultura vese afectado nun momento e cunha intensidade diferentes do que outros sectores. Pero xa se está a ver unha diminución continua nas vendas e nos resultados das editoriais”, explica GarcÃa SanmartÃn. "Isto vai supor un freo para o desenvolvemento do sector”. Para a entidade podemos agardar a medio prazo unha diminución aÃnda máis aguda no número de tÃtulos. Como efectos inmediatos dos problemas económicos, está o feche de librarÃas do noso paÃs, que afecta mesmo a algúns dos establecementos históricos. “As librarÃas son as primeiras afectadas polo descenso das vendas. Teñen por diante un proceso de acomodación e terán que converterse definitivamente en axentes culturais e non depender exclusivamente do libro. Non se trata só de que sexan multimedia, senón sobre todo, teñen que explorar unha serie de camiños e non agardar a que a xente entre á librarÃa a mercar”, adianta o presidente do Clúster.
A pegada da administración
Canda á caÃda de vendas directas, os recortes orzamentarios na Administración afectan tamén en moi grande medida ao mundo do libro. “Semella que o tema da Cultura é o máis prescindible a nivel institucional, entón non vai haber axudas, ou cando menos, non ao nivel actual”, denuncia SanmartÃn. Precisamente a necesidade de facer forza ante os poderes públicos é un dos obxectivos fundamentais deste novo colectivo, e unha das causas do seu nacemento. “Hai menos dun ano acudimos á ConsellarÃa de Industria pondo sobre a mesa o feito de que se nos recoñece como sector estratéxico e industria na Lei do Libro. Entón quixemos ver como conseguir unha colaboración maior, asesorÃa e axudas para a reforma do sector, e dÃxosenos que tiñamos que ser Clúster ou non podÃamos acceder a nada. Isto obrigounos a reflexionar sobre como enfrontar a situación e deu no nacemento desta organización”, para o que o apoio e o asesoramento da ConsellarÃa de Industria foi fundamental.
O outro clúster
Pode sorprender a moitos a nova do nacemento dun clúster centrado no mundo da edición cando xa existÃa o Clúster do Produto Gráficoo e do Libro Galego, unha organización que contaba nun comezo co apoio dos editores. Segundo sinala GarcÃa SanmartÃn, “nós participamos no primeiro momento na creación deste colectivo, pero está claro que os problemas das artes gráficas e da publicidade, que son os que dirixen estoutro clúster, non se corresponden coas urxencias e as necesidades que pode ter o libro de texto e o libro en xeral. As artes gráficas son un elemento auxiliar da nosa producón, temos que colaborar, pero os nosos problemas van ser moi diferentes”
Mudanzas derivadas
Para alén das xornadas de formación, a creación do Clúster vai xerar novidades no sector. Segundo asegura o presidente, en breve vanse anunciar traballos conxuntos entre diferentes empresas deste ámbito. No entanto, dubida que isto dea en fusións ou cambios destacados no noso panorama. “Será o tempo quen o diga, pero no albisco que iso poida acontecer. Somos empresas pequenas con liñas moi definidas que non sempre compartimos, e o valor fundamental dunha editorial é a creación do seu propio catálogo”, explica GarcÃa SanmartÃn. Por outra banda, na presentación desta entidade anunciouse que se está a traballar na creación, nos vindeiros meses, dunha sección galega na federación española de distribuidores que será a primeira agrupación de empresas deste tipo no noso paÃs.
Os obxectivos
A formación preséntase como un cabalo de batalla fundamental para o novo colectivo empresarial. “Queremos a mellora do coñecemento, da comercialización e mais do proceso de internacionalización”, explica GarcÃa SanmartÃn. “Cómpre unha xestión máis profesional das empresas e unha formación máis importante em todos os sectores. E isto pasa tamén por coñecer novas saÃdas en liñas de crédito ou na relación coas institucións, asà como por aproveitar mellor os recursos humanos e materiais de que xa dispomos. Queremos converternos en interlocutores válidos dos proxectos que as empresas queiran presentar. O Clúster debe dinamizar pero en última instancia correspóndelles ás empresas desenvolver novas ideas”. Xosé Figueras, xerente da entidade, adiantou que, canda a estes servizos, pretenden desenvolver programas especÃficos para librarÃas. Deste xeito, o Clúster ofreceralles webs aos establecementos deste tipo que aÃnda non as teñen. Mellorar a calidade de xestión, indagar nas posibilidades de especialización por produto, integrarse en plataformas de comercializción ou desenvolver asesoramento xurÃdico son outros dos plans da nova agrupación para os puntos de venda. Pola banda das editoras, o proceso de internacionalización preséntase para o Clúster como unha prioridade absoluta. Canda a isto, o libro electrónico, a formación en protección de datos e dereitos de autor ou o acceso a axudas europeas son algúns dos servizos previstos. En xeral, a nova entidade pretende manter contactos con colectivos semellantes a nivel internacional, preparar o calendario de feiras para o vindeiro ano e facer un seguimento das diferentes plataformas do libro electrónico. No máis inmediato, o vindeiro 21 de novembro a Fundación Caixa Galicia de Vigo acollerá un seminario de innovación empresarial e o dÃa 26 A Coruña outra xornada de formación sobre contidos interactivos.