Os conflictos de parella, as relacións entre pais e fillos, os soños imcumpridos, a desesperación, o éxito, o fracaso, historias de nobres, de defuntos con ADN… a fábrica da imaxinación traballa a pleno rendemento esta semana. Son máis de 25 horas de puro teatro que serven de pulso da creción escénica e, ao tempo, a oferta de lecer dos vindeiros meses. Conforman o cartel da XVIII edición da Feira Galega de Artes Escénicas que hoxe comeza en Santiago.
“O que pretendemos é manter un equilibrio entre as diferentes propostas da creación da arte escénica que se fixeron en Galicia neste ano” explica MarÃa Paredes, coordinadora da Feira Galega das Artes Escénicas, o escaparate para a exhibición de espectáculos e de espazo de mercado para a súa contratación. Das preto de 80 propostas que se presentaron nesta edición, a comisión de selección peneirou un total de 18 espectáculos entre as que hai compañÃas de recente creación como é o caso de Elefante Elegante (creada en Bélxica e que chegou hai catro anos ao panorama teatral galego traballando nunha liña de teatro xestual moi coidado plasticamente) que presenta In, un espectáculo que fusiona teatro con danza para indagar na representación contemporánea da figura social. Tamén co denominador común de ser nova, pero neste caso de danza está La Macana a compañÃa formada por Catarina Varela e Alexis Fernández. Co seu primeiro espectáculo, Vén fixeron unha xira internacional que os levou por doce paÃses pero con escasa presenza en Galicia. Nesta ocasión presentan unha montaxe que toma o nome dun modelo de micro de karaoke (Shure PG 48) para aderezar texto e voz para cobrar unha nova dimensión. A danza, ten un protagonismo especial nos espectáculos desta edición da feira porque para a súa coordinadora, MarÃa Paredes, “é moi necesaria e porque se están a facer cousas moi interesantes neste momento”. Canda os espectáculos completos de La Macana e SÓLODOSneodans, tres coreógrafos como son David Loira (Tulipáns), Janet Novás e Entremáns (Si quero)contarán pequenas historias (showcases) sobre o amor ou a capacidade de sentir.
Unha das novidades é que este ano a Feira presta atención ao novo circo. E faino estreando un formato de presentacións breves empaquetadas nun único espectáculo que servirá de ensaio para o futuro da feira, xa que Juan Carlos Fasero explicou que é un formato que está a variar. “Estase a optar máis polo modelo de showcase ou xornadas temáticas” apuntaba na rolda de presentación. En todo caso, este experimento será o peche da feira, o circo á feira, co que participan as compañÃas Lusco e fusco, Arrepentimentos de Padrón, Roces e Goces, Duelirium e Almacabra.
A feira tamén presta atención a autorÃa teatral galega contemporánea. Os espectáculos seleccionados pola comisión representarán textos de Roberto Salgueiro (Memoria de Helena e MarÃa posta en escena por Teatro do Atlántico), que ambienta na Guerra Civil unha historia de amor mesturada polos avatares históricos, as vinganzas e a emigración. Santiago Cortegoso fai doblete nesta edición tanto coa súa propia compañÃa (que pon en escena A filla de Woody Allen, para contar a historia dunha moza que acode a Nova York na procura do seu pai) como con Teatro de Ningures, onde en colaboración con Paula Carballeira e MarÃa Armesto retrata a evolución da parella na sociedade contemporánea.
A dramaturxia contemporánea internacional, e tamén o humor, está garantido con PT Excentricas que presenta a estrea na penÃnsula de Un cránio furado, un texto do anglo-irlandés Martin McDonagh. Dirixido por Quico Cadaval, o espectáculo conta unha comedia negra na que un enterrador local ten que trasladar os restos da súa esposa (xa que se cumpriron sete anos da súa morte) e esperta bastante morbo na vila porque hai moitos veciños que pensan que tivo algo que ver na súa morte. Canda este, Teatro do Morcego presenta a Nona, unha metáfora da crise actual que pon en escena un texto clásico da dramaturxia arxentina.
Pero se hai un xénero que cobra especial protagonismo na feira son as montaxes destinadas a público infantil. MarÃa Paredes, coordinadora da feira, explica que os espectáculos destinados aos máis pequenos son sempre o máis vendido (o volume total da feira en 2010 foi de 100.000 euros) e os principais destinos son Portugal, PaÃs Vasco e a rede de teatros de Castela A Mancha. O programa infantil (todos en horario de mañá e con presenza de público escolar) conta con Galitoon, que tendrá a golpe de muppets a explicarlles aos pequenos o swing do jazz. Tamén de corte didáctico, están a marionetas de Tropicallo, que achegarán aos pequenos o valor e a relevancia da auga.
Outras presenzas e ausencias
Andalucia conta cunha boa produción teatral e cunha rede moi parecida á nosa” explica a coordinadora deste encontro que programa tres espectáculos desta comunidade. Son un de danza, Hildegart, outro infantil (La Casa del abuelo da compañÃa La Rous) premiado nesta edición do Feten, feira de teatro para nenos e nenas de Xixón).
Malia que na rolda de presentación desta edición da Feira Galega das Artes Escénicas, desde a organización afirmaron a necesidade de ter un segundo obxectivo “que é que os programadores poidan xuntarse e unirse para que falen entre eles e poidan compartir experiencias”, en palabras de MarÃa Paredes. Pero precisamente, do programa deste ano desaparecen as mesas redondas e sesións de debate. “É por unha cuestión de tempo e que necistabamos ter todos os espazos e priorizamos a que os programadores puideran ver e asistir os espectáculos” apunta a coordinadora.