Editores, distribuidores e libreiros únense no novo Clúster da Edición, LibrarÃas e Comercialización, que se dará a coñecer formalmente o vindeiro dÃa 19 no Consello da Cultura Galega. A nova entidade inicia o seu traballo este dÃa cunhas xornadas formativas para o sector que acollerán a presentación institucional do Clúster. Nas mesmas abordarase a resposta empresarial en época de crise e tratarase tamén cuestións coma o aproveitamento das novas tecnoloxÃas polo sector. O novo Clúster nace ao amparo da Asociación Galega de Editores e mais da Federación de Libreiros de Galicia. Con anterioridade a este, xa existÃa un Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que conta cunha ampla representación do sector do deseño e das artes gráficas.