Cando falta pouco para a inauguración da Biblioteca de Galicia (prevista para o 29 de outubro), o Conselleiro de Cultura anunciou onte no Parlamento a súa intención de a renomear. Segundo anunciou Roberto Varela, o seu departamento consultará coas principais institucións do paÃs a posibilidade de que o centro leve o nome de RosalÃa de Castro, de quen se cumpre en 2010 o 125 cabodano.