O premio Plácido Castro de Tradución recoñeceu este ano nada menos que catro profesionais que verteron á nosa lingua dúas obras diferentes. Emilio Valadé coa súa versión da A evolución humana de Antonio Bracinha e mais o traballo de Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo no Lord Jim de Conrad foron os premiados ex aequo. Os gañadores repatirán os 3.000 euros do premio, que será entregado o vindeiro 16 de outubro en Cambados.