Dez anos de traballo dan para moitos contidos. A partir da súa consulta na base de datos de Culturagalega.org, é posible coñecer polo miúdo moitos aspectos da nosa cultura e facerse unha idea aproximada da súa evolución e algunhas peculiaridades. As principais fontes de novas no sector, a súa localización xeográfica, a incorporación paulatina de Internet a este mundo ou mesmo o tipo de creacións máis habituais teñen o seu reflexo nos nosos rexistros. Presentámochos a través dun completo gráfico.
A maior parte das informacións culturais proveñen da franxa atlántica. A Xunta e mais as asociacións son os principais fornecedores de contidos de actualidade. A información sobre lingua nunca ocupou tanto espazo como na actual polémica polo Decreto para o PlurilingüÃsmo no ensino. Estes son algúns dos datos que se obteñen ao peneirar o traballo de culturagalega.org desde o seu nacemento hai dez anos.
AÃnda que inevitablemente parcial, a nosa base de datos permite facerse unha idea moitas peculiariades do sector cultural do paÃs na última década. Os xéneros máis habituais na produción literaria, dramática ou musical, os creadores máis prolÃficos, ou a crecente incorporación de fluxos automatizados de información e de elementos multimedia ás novas son outras das cuestións que se poden coñecer neste gráfico.
culturagalega.org | unha vision dos contidos da plataforma.A maior parte das informacións culturais proveñen da franxa atlántica. A Xunta e mais as asociacións son os principais fornecedores de contidos de actualidade. A información sobre lingua nunca ocupou tanto espazo como na actual polémica polo Decreto para o PlurilingüÃsmo no ensino. Estes son algúns dos datos que se obteñen ao peneirar o traballo de culturagalega.org desde o seu nacemento hai dez anos.