En España hai recoñecidos uns 381 festivais de cinema. Pero non todos son iguais porque hai mostras, encontros, xornadas, semanasÂ… “Hai espazo para todos eles pero non han de apoiarse da mesma maneira” asegura Enrique Nicanor, director do Festival de Cine Independente de Ourense e coordinador dunha mesa redonda que debatÃa para que serven e como se financian este tipo de encontros. A necesidade dunha polÃtica audiovisual definida no caso dos festivais, a implicación da administración e a profesionalización destas citas foron algunhas das principais ideas apuntadas.
A mesa redonda sobre o papel dos festivais de cine xuntou en Ourense a perfÃs moi diferentes de certames que se desenvolven en Galicia e Portugal. Mamen Quintas, produtora de Ficción Producións, representaba a CurtocircuÃto, festival de Curtametraxes de Santiago que depende do Concello de Santiago pero que saca a concurso público parte da organización do encontro. CurtociruÃto tivo nesta edición un orzamento de 200.000 euros que achega principalmente o concello. Antonio Reis, un dos tres directores que ten o Fantasporto, xestionado por unha entidade privada que manexa un orzamento de catro millóns de euros por edición e que conta cunha empresa privada que lles achega 600.000 euros. Canda este, da outra beira do Miño estaba Antonio Costa Valente, director dos Encontros de cine de Avanca, encontro máis modesto que organiza o cineclube homónimo co apoio da cámara municipal xunto co goberno portugués. Completaba o percorrido o director académico da Escola de cine de Porto e responsable da Mostra de Escolas de Cine, Manuel Costa Silva, que achegaba unha perspectiva diferente sobre o papel renovador deste tipo de encontros. A súa casuÃstica permitÃa responder con diversidade á pregunta de para que sirve un festival de cine.
Para que?
“Os festivais están definidos como ferramentas para a promoción, e é unha da vÃas para a súa promoción internacional” afirmaba Enrique Nicanor. Unha afirmación coa que estaban dacordo todos os presentes nesa mesa e que logo contribuÃron a complementar. “É unha tarxeta de visita que lle serve tanto ao público porque ademais de ser unha arte tamén é un negocio” apuntou Antonio Reis, director do Fantasporto. Isto deu pé a que Reis afondase no papel dos festivais de cine como motor de desenvolvemento económico das rexións ao desenvolver unha función de promoción social, turÃstica e cultural. “Os gobernos han de saber que os festivais achegan máis aos seus territorios que o que os gobernos destina a un festival”, engadiu.
Como director dunha escola de cine privada, Manuel Costa aproveitou para indicar o papel dun festival como toma de conciencia e autovaloración do traballo realizado. “Nas escola apreciabamos que os estudantes pensaban que os seus proxectos eran malos e os de fóra eran moito mellores, con varias edicións do encontro descubriron que nin eles eran tan malos nin os de fóra tan bos” afirmou. O intercambio cultural é outra das razóns que xustificaban a pertinencia de festivais tanto para o responsable da cita ourensá como para Mamen Quintas que, na súa faceta de produtora, apuntou que era “imprescindible”.
Como se financian?
Alén do innegable valor cultural, os festivais teñen un papel fundamental dentro da importancia da industria audiovisual desde o punto de vista de negocio. Por iso, outra das conclusións xerais principais pasaba pola necesidade de profesionalización do encontro. “Non pode estar conformado por voluntarios” explica Enrique Nicanor e o material que envÃan as produtoras para o catálogo ha de ser profesional (en alusión a vÃdeos, carteis e currÃculums). Foi o propio Nicanor quen apuntou que non existe unha fórmula única: pode haber consorcios, fundacións, cineclubes e demais entidades que sustenten unha entidade diferente, pero o que é inevitable é o apoio público. “O festival de cine de Ourense funciona coa mesma cifra que lle recurtaron á Seminci neste ano” explicou. Os 600.000 euros de orzamento do festival de Ourense están lonxe dos catro millóns que ten o Fantasporto. O festival de cinema fantástico conseguiu algo que está moi lonxe das aspiracións galegas, que é conseguir implicación privada, xa que unha marca de bebidas concede un cuarto do orzamento. En Galicia, as empresas privadas non funcionan a nivel de implicación polo que os participantes demandaron exencións fiscais para empresas que financien iniciativas culturais. En todo caso, para a implicación da administración é fundamental. Como tamén o é que “exista unha polÃtica pública de promoción audiovisual por parte das administracións” apunta Enrique Nicanor.