Unha publicación repasa a etapa de Valle Inclán en Roma

O premio que convoca a Deputación incorporará galardóns para textos teatrais en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroSociedade
Compartir:

Foron só tres anos pero son do período máis descoñecido de Ramón María del Valle Inclán. O coñecido dramaturgo estivo en Roma como director da Academia de Belas Artes entre 1933 e 1936. O material de toda esa época acaba de ser compilado no volume Todo Valle-Inclán en Roma editado pola cátedra que leva o nome do escritor no marco da Universidade de Santiago maís a Deputación de Pontevedra. O volume inclúe desde informes ata cartas manuscritas pasando por documentos de ámbito persoal ou orzamentos e fotografías. Ademais, a Deputación anunciou que o premio de investigación que leva o seu nome incluirá no 2011 galardóns para obras teatrais.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, Valle Inclán, Ramón María del Valle Inclán, Belas Artes...