A coruñesa Andrea Maceiras Lafuente gañou o 4º Premio Meiga Moira 2010 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por BaÃa Edicións. A obra escollida por unanimidade do xurado leva por tÃtulo Violeta tamurana e está proposta para o tramo de idade de 12 a 16 anos. O Xurado valorou a “excelente historia que desenvolve a novela nunha trepidante mestura de trama amorosa e aventura no ámbito do fantástico e na que consegue crear un clima convincente entre as dúas realidades en que habitan os seus protagonistas.” A obra será publicada por BaÃa Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio. Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade e cantidade das obras presentadas, das que alcanzaron a selección final 22, o que evidencia o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil.