Recursos educativos ao aire libre, seminarios para profesores (XIV Simposio), mostra en lingua galega e actividades de música e danza encherán Ponteceso a partir do 2 de novembro. Cada martes desenvolverase un acto que fai parte do Outono Pondaliano de Couto, cita cultural creada para afondar na figura e no coñecemento de Eduardo Pondal. O encontro está organizado pola Fundación Eduardo Pondal co patrocinio de organismos autonómicos e locais.