O venres arrinca unha nova edición do Festival de Cine de Ourense. Son xa quince anos asistindo fieis ao outono cinematográfico de Galicia (adiantados no calendario para non coincidir con Cineuropa, o encontro santiagués) cos seus sinais de identidade: cinema independente, punto de encontro de cinematografÃas, presenza de producións audiovisuais galegasÂ… Pero este ano, o encontro quere definir para qué sirve un festival de cine.
Non é unha cuestión menor. Con toda a saturación de festivais, encontros, mostras, seminarios, xornadasÂ… de carácter audiovisual, o Festival de Cine de Ourense quere sentar á mesma mesa a todos os responsables para debater que é e (máis importante aÃnda) que debe ser un festival de cine. “Non todos os encontros nos que se proxectan pelÃculas son festivais de cine” explica Enrique Nicanor, director da cita ourensá e o moderador deste debate que terá lugar no marco do Festival de Cine de Ourense o vindeiro mércores 6 de outubro. “Trátase dun debate necesario que non só se está a producir en Galicia ou en España, senón en toda Europa” apunta ao mesmo tempo que advirte que xa existen indicadores que marcan o que é un festival de cine. Ademais, Nicanor aclara que “queremos charmar a atención das institucións para que vexan que é necesario aclarar o sistema de axudas, de conseguir parcerÃas con outras entidades e que osresponsables administrativos teñan en conta que é necesario definir unha polÃtica audiovisual seria en canto a festivais”.
Ourense, festival de referencia en Galicia?
“Non serei eu a persoa que diga que ten que ser Ourense, pero non podemos negar que temos un percorrido feito, somo un encontro dedicado á promoción da nosa exhibición, un punto de encontro para facer proxectosÂ… pero aÃnda nos queda moito traballo por facer” asegura Enrique Nicanor. Ourense cumpre neste 2010, tres lustros dedicados ao sector e servindo de punto de encontro de producións audiovisuais. O mellor exemplo dese traballo son as cifras do certame. Nesta ocasión, Ourense recibiu 1.800 cintas procedentes de preto de cen paÃses, case o triple que nas últimas edicións. “É o resultado dun traballo continuado no tempo e que aÃnda nos queda moito por facer, moito por darnos a coñecer”explica o director. Un encontro que aÃnda ten moito de personalista e ao que lle falta unha estrutura estable por detrás. “Se cadra é unha das principais reivindicacións, que servirá para darlle unha profesionalidade a este certame que, neste mesmo momento, se sustenta en base a voluntarios que ceden meses do seu tempo libre para este traballo” engade. Para Nicanor non son subvencións senón axudas que si invisten para que se poida contar cun foro internacionalmente recoñecido. Na súa opinión, o modelo que reivindican non é novo, senón que está a funcionar en Europa. Por iso, no programa deste ano estará que noutros paÃses europeos Charlotte Applegen, Secretaria Xeral de Cine-Regio, a rede de fondos de axudas ao audiovisual das rexións de Europa, que explicará os obxectivos desta entidade. Unha entidade que naceu co obxectivo de distribuir coñecemento, facer polÃtica europea de producción de cine e coordinar a cooperación entre os organimos rexionais de axuda audiovisual (Film Funds) en particular o co-desenvolvemento e a co-producción de cine e productos audiovisuais.
E, sobre todo, moito cinema
Coa gala inaugural que proxectará o último filme de Jorge Coira, 18 comidas, comezará unha semana na que se proxectarán mais dun centenar de tÃtulos entre a sección competitiva e a paralela. Dentro desta última hai sección moi diversas como unha homenaxe ao labor dos 25 anos da CRTVG no mundo do cinema (que proxectará cinco filmes coproducidos pola cadea pública); unha homenaxe a Rabindranath Tagore no seu 150 aniversario do Premio Nobel que consistirá na proxección de 3 pelÃculas baseadas nas súas obras; e os ciclos temáticos (muller, emigración, perlas de animación, perlas documentais, nos lÃmites do permitido).