En 2009 editáronse en Galicia 1.974 libros, un 6.8% máis que no ano anterior. Asà o destaca o informe Comercio Interior do Libro relativo ao 2009 que edita anualmente a Federación de Gremios e Editores de España. O documento presentarase no Marco do LÃber (Feira do Libro que arrinca mañá en Barcelona) pero Xornal de Galicia tivo acceso aos datos que revelan que nese ano, as editoriais do paÃs facturaron 33 millóns de euros. Esa cifra evidencia o pequeno papel da edición galega con respecto á facturación estatal, xa que ésta superou os 3.190 millóns.