Foi unha muller de letras. Xunto coa súa irmá (a xa finada Pura) Dora Vázquez dedicou boa parte da súa vida ao mundo literario escribindo libros de poesÃa e novelas, asà como colaboracións nos xornais La Noche ou Vida Gallega. A escritora morreu onte na cidade das Burgas aos 97 anos de idade e os seus restos mortais recibirán sepultura o sábado 25 no cemiterio de San Francisco. O traballo das irmáns Vázquez a prol da literatura foi recoñecido pola Deputación ourensá ao concederlle os seus nomes ao Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil que concede anualmente.