A vida como proba

Lagarta Lagarta reflexiona sobre os cástings no seu último espectáculo

A nova aposta de Lagarta Lagarta senta aos actores ante algo que lles é moi familiar: as probas de selección. "Pero non só nos cástings da nosa profesión, senón tamén polo que pasan os personaxes na vida real" apunta Rosa Álvarez, directora deste espectáculo que, a golpe de comedia, afonda nas grandes preocupacións da vida (o traballo, o amor, o futuro…). Ernesto Chao (Andrés), María Bouzas (actriz), Belén Constenla (Magda), Rocío González (Eva) e Alberto Rolán (Carlos) son os actores desta montaxe que chega á Feira Galega das Artes Escénicas.