Francisco Pillado Maior, voceiro do xurado do IV Premio de Narrativa Breve Repsol leu hoxe na Fundación Seoane o fallo do xurado que deu como gañador o escritor Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) pola súa obra Os Fíos. O Premio está dotado con nove mil euros e coa publicación da obra na Editorial Galaxia. Corenta e unha foron as obras orixinais e inéditas que, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120, se presentaron a este premio que chega á súa cuarta edición. Este ano a dotación económica do premio será de 9000 euros, ademáis como nas anteriores edicións- da publicación da obra pola Editorial Galaxia. A entrega do Premio terá lugar antes do final do ano, nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña. O acto de lectura estivo presidido por Cristina Rubal González, Subdirectora Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e Javier Inclán de la Cuesta, Director del Área Social e Institucional da Fundación Repsol.