Galicia ten o seu Kane

Chévere leva ao teatro a historia dun empresario que levanta un emporio téxtil

21/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
24 lecturas | Compartido 0 veces
Tres espectáculos. Tres partes. Tres linguaxes diferentes en cada unha delas. Tres estreas diferentes. ¿O fío de unión? Que todo serve para contar a mesma historia: “a dun galego que se converte nunha das persoas máis poderosas e influíntes do mundo” en palabras de Xesús Ron, director artístico de Chévere. A compañía dá un novo xiro dentro da súa traxectoria para presentar un espectáculo que se mantén fiel aos seus sinais de identidade: a risa, a comicidade, o disparate. E, como inspiración, o Citizen Kane de Orson Welles.
O vindeiro 6 de outubro (21:30 horas ata o 24 de outubro mércores a domingo) comeza na Sala Nasa a nova temporada da súa compañía residente, Chévere. Faino coa primeira das entregas dun proxecto teatral moi especial por moitos motivos. En primeiro lugar porque para coñecer a historia completa hai que ver as tres partes que se irán presentando ao logo público. “A primeira estréase en outubro, a segunda alá para decembro e a terceira por febreiro e logo, como agasallo, xuntaremos as tres partes alá para a primavera para velo todo xunto” apunta Xesús Ron, director artístico de Chévere. Ademais, “en cada parte traballaremos unha linguaxe diferente: danza, xestualidade… para unha obra que é puro texto”. A temática Inspirado no Citiken Kane de Orson Welles, Chévere preparou un espectáculo teatral “para contar a historia dun galego que montou un emporio téxtil xusto no momento no que morre Franco e que nos dá pé a facer unha reflexión sobre a novas propia biografía, sobre a vida que nos tocou vivir e como se modificou todo desde un rexime totalitario”. Chevere valerase de cada parte para contar desde como foron os cambios sociais, o mundo das cooperativas téxtiles, a economía globalizada… “e logo hai un elemento culebrón que é un embarazo do que se van atando os cabos ata o final”. Créditos Vídeo: Luis Miguel Alonso Estévez Audio: (Autor: Sion, Tema: After hours, Álbum: Smoky Jazz Dub)

Universo culturagalega.gal

19/10/2011

Citizen, completo

Chévere achégase á biografía do creador de Inditex nunha montaxe multidisciplinar

03/02/2011

O desenlace

A Sala Nasa completa a súa triloxía sobre a globalización coa estrea de Citizen: terceira parte