Un cura trotskysta decide un dÃa facer o Camiño de Santiago. Este é o motor de O despacho de Molly Bloom, o relato co que Inma Lopez Silva acaba de gañar un novo premio literario. Nesta ocasión o Pousadas de Compostela, que implica tres mil euros máis edición trinlingüe (galego, inglés e castelán) da obra. O segundo premio (mil euros xunto cooa publicación) foi para a madrileña Carmen Simón por Codex Calixtinus. O xurado estaba composto por John Rutherford, Gonzalo Navaza, Manuel GarcÃa Mañá, Luz Méndez e Xosé Luis Barreiro Rivas.