Clubes de lectura, a hora do café, lectura de nenos maiores a nenos pequenosÂ… existen moitas actividades para incentivar a lectura entre os pÃcaros (e non tan pÃcaros). No marco do 32 Congreso de Literatura infantil e Xuvenil que se desenvolveu en Compostela ata esta fin de semana, un panel abordou iniciativas e investigación sobre este campo. Revisámolas.
“Existen numerosÃsimas e variadas accións de promoción da lectura pero a diferenza radical que existe entre todas elas non está tanto na innovación e nos medios técnicos, senón en como se leva a cabo, é dicir, que se alongue no tempo, que estea ben xestionada, que haxa unha avaliación ao principio, durante e despois; que a participación sexa activaÂ….” Gemma Lluch, da Universidade de Valencia, coñece moi ben as diferentes estratexias de promoción da lectura que existen no mundo porque desenvolve desde o ano 2007 un proxecto e investigación ao abeiro do CERLALC, nun organismo intergubernamental do ámbito iberoamericano auspiciado pola UNESCO, que traballa polo desenvolvemento e integración da rexión a través da construción de sociedades lectoras. Unha investigación que estivo a desenvolver unha especie de inventario xeográfico para coñecer as diferentes actividades de promoción que se desenvolven nos paÃses da investigación (España, Portugal, México, Chile, Arxentina e Colombia). Desa primeira peneira inicial, Lluch explica que da busca inicial fixeron un mostreo daquelas experiencias que resultaron máis curiosas e innovadoras, para desenvolver unha análise máis detallada para buscar acompañamentos e protocolos (entre os mediadores, os polÃticos e os xestores que poden medir este tipo de prácticas). No caso de España escolleuse o proxecto “municipio lector” que se desenvolve o Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil en colaboración con numerosos concellos, que se planifica a cinco anos vista e que conta cun activo clubs de lectura xuvenil. “Apreciamos que hai diferenzas entre os paÃses, porque en sitios como España ou Portugal este tipo de propostas están moi vencelladas á Administración, mentres que en paÃses como Chile, implÃcase moito a sociedade civil”.
Entre as dificultades comúns aos proxectos de promoción da lectura Lluch considera que é “un problema de orzamento e de apoio polÃtico”. Na súa opinión, a “estas experiencias non se poden xestionar con tempo libre, porque a medida que medra implica un traballo que ha de ser remunerado e xestionado por un profesional”. De todas as propostas analizadas no marco deste proxecto de investigación, esta investigadora da Universidade de Valencia destaca a proposta de Diarios Ciudadanos. “É un proxecto de lecto-escritura na que os propios cidadáns elaboraban un tipo de periódico que, ademais conseguiron solucionar problemas nos seus barrios como pode ser a violencia, limpezaÂ….” apunta. Canda esta, Lluch lembra tamén a experiencia Retoma a palabra, “tratábase dunha experiencia que chega ao corazón, na que xente que deixou a loita armada nas guerrillas e precisaba reinsertarse tanto na sociedade como nas súas familias. Unha das actividades consistÃa en ensinarlle a ler en voz alta para que lle puideran contar historias aos seus fillos ou netos; outras eran os obradoiros de lecto-escritura que lle axudaba a explicar o que sentiran na selvaÂ… eran testemuños estremecedores”.
O informe do CERLALC, cuxas conclusións se presentaron no congreso, está en fase de redacción e estará dispoñible no sitio web dentro dun par de meses.
A investigación
Canda a promoción, a outra póla que se abordaba desde o panel do congreso, era a investigación. Blanca Ana Roig, da Universidade de Santiago de Compostela, fixo un percorrido do que foi a investigación sobre a Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia (LIX). Na súa opinión houbo dúas causas que motivaron este feito. Dunha banda o “uso de linguas minoritarias no ensino primario e secundario o que levou a falta de lectorado nestas linguas provocando unha dedicación esporádica a esta literatura por parte de escritores e escritoras durante moito tempo”. Da outra, “a ausencia nos currÃculos universitarios dos estudos sobre a LIX até hai ben pouco tempo”. Foi a partir de dúas teses de doutoramento cando se iniciaron varias liñas de investigación neste ámbito. Unha derivou a que Blanca Ana, xunto con outras compañeiras, puxeran en marcha a Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ) que publica periodicamente unha revista con traballos nesta materia. A outra, acabou por constituÃr o primeiro grupo de investigación centrado na literatura infantil e xuvenil, o CELT. Os grupos refundÃronse no Liter 21 agrupando a persoas de diferentes departamentos que iniciaron traballos de investigación, publicación e creando un corpus sobre esta materia tanto no ámbito ibérico e iberoamericano. Revistas (Malasartes, Ailij...), antoloxÃas, unidades de invetigación, informes, monográficos... que serviron para crear material sobre este ámbito, aÃnda que, na opinión de Blanca Ana “vai avanzando pouco a pouco”.