O peche do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil que se desenvolveu en Compostela deixou unha novidade importante para a cultura galega. A escritora Marila Aleixandre acaba de ser nomeada membro do Comité Executivo da organización. Isto significa que fai parte do grupo de dez persoas que bianualmente definen as actuacións e programas desta entidade encargada de velar pola literatura infantil e xuvenil no mundo. A asemblea xeral que decidiu o nomeamento de Aleixandre, felicitou a Gálix (sección en Galicia de OEPLI) pola organización do congreso. Entre as decisións tomadas tamén figura a de MarÃa Jesús Gil, editora española, nova presidenta do xurado dos premios Hans Christian Andersen.