Debido á mellor climatoloxía, o verán é o momento axeitado para realizar campañas arqueolóxicas no Atlántico. Aínda que non houbo un gran número de escavacións neste verán, si se localizaron interesantes achados que enriquecen e amplían as perspectivas do noso pasado. Repasamos cos arqueólogos responsables das campañas de escavación os principais resultados. Nesta primeira entrega, achegarémonos ás campañas dos castros de Neixón (Boiro), A Lanzada e a Cruz do Castro (Cotobade).
Secadeiros de polbo e peixe en Neixón
Os Castros de Neixón son clásicos da arqueoloxía galega, con numerosas intervencións no pasado e nos últimos anos, por parte da USC, o Laboratorio de Patrimonio do CSIC e agora de novo a USC. Nesta segunda campaña que dirixe Andrés Bonilla no castro de Neixón continuou a prospección do foxo do Castro Grande que iniciaran o ano anterior e abriu dúas áreas no espazo intermedio entre os dous castros desta pequena península da parroquia de Cespón (Boiro). En Neixón o Castro Pequeno, situado na punta, corresponde ao Ferro inicial, século VI ou V a.C. e o Castro Grande encrávase na segunda Idade do Ferro.
O equipo abriu dúas áreas, unha próxima ao Castro Pequeno e outra próxima ao grande. Na área do Castro Pequeno, sinala Bonilla, apareceron cimentacións de terra e pedra xunto a buratos de poste. Eran moitísimos, máis de 60 buratos nun espazo moi reducido. A interpretación preliminar é que sería unha zona de traballo, como un secadoiro de peixe ou polvo, ou unha zona para tratar os produtos do marisqueo. O que si se pode dicir é que non sería un lugar de habitación, senón un espazo estacional, no que cada tempada os habitantes do castro irían facer os seus traballos. Esa estrutura perecedoira non aguantaría dun ano para outro, e de aí o feito de que nun espazo tan pequeno haxa tantos buratos. O achado, aínda que non se traduza en pezas espectaculares, é moi relevante, porque a penas sabemos nada sobre que había alén das murallas dos castros, e da organización do traballo e dos recursos destas xentes.
A segunda área escavada, máis próxima ao Castro Grande, abunda nas funcionalidades agropecuarias ata agora pouco coñecidas na Idade do Ferro. Na zona intermedia entre o castro grande e pequeño apareceu unha superficie de uso, indica Bonilla, unha plataforma artificial. Escavámola parcialmente porque ten unha superficie considerable. Estaba cercada por unha empalizada, e podería ser algún tipo de estábulo do gando, pero non temos paralelos para nada disto noutros lugares.
A Lanzada: os preves castrexos
O equipo da Deputación de Pontevedra e do Laboratorio de Patrimonio do CSIC comezou a recuperar as escavacións da Lanzada, que en diferentes etapas desde o franquismo tivo intervencións. O primeiro traballo dirixido por Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación, foi clarificar a cronoloxía do xacemento, no que aparecen superpostas e separadas por capas de area restos do Ferro Inicial, da Segunda Idade do Ferro e instalacións industriais romanas. A Lanzada, debido a ser un xacemento soterrado na area, está a permtir aos arqueólogos numeroso material orgánico, que é clave para comprender a alimentación dos seus habitantes, pero tamén para localizar útiles en óso, así como interesantísimas mostras cerámicas que conectan este xaceemento con todo o Mediterráneo, mesmo as áreas máis distantes, como Palestina.
A sorpresa desta escavación chegou, con todo, case ao final da campaña. Nun estremo da escavación, apareceu un estraño edificio con muros concéntricos. Por baixo del apareceron unhas pías que descendían escalonadamente. A consulta con especialistas en alimentación romana desvelou algo sorprendente: era unha factoría de liquamen, unha sorte de garum, o prebe que empregaban os romanos en moitas das súas comidas. Pero a cuestión é que a factoría non era de época romana, senón anterior, é de estilo completamente castrexo, o cal é algo totalmente inusual. Os arqueólogos aínda están clarificando a estrutura e saberemos máis dentro duns días.
Ocupación / reocupación: unha ollada a unha época pouco coñecida
O arqueólogo Ángel Concheiro define a excavación da Cruz do Castro, en Cotobade, como todo un record na arqueoloxía galega. E non é para menos: xa leva tres campañas dirixindo prospeccións neste xacemento, e con resultados moi salientables. No 2009 apareceu na croa do castro un pendente de ouro, do século I ou século II, a xoia romana máis antiga atopada en Galicia. A campaña deste ano serviu para comprobar a dilatada cronoloxía deste castro. Os arqueólogos localizaron un nivel de ocupación, do Ferro inicial, é dicir, ao redor do século VI-V a.C., que se plasma no pavimento dunha cabana de seis metros de diámetro e co seu perímetro definido por postes e estacas os castrexos aínda non construían en pedra de aquela. A partir de aquí, Concheiro xa ten máis clara a cronoloxía do lugar: Abandonouse no século V a.C e volve a reocuparse no cambio de era. É posible que se volva a abandonar despois e se reocupa e refortifica ao redor do século IV-V d.C. Aparecen entón, na Cruz do Castro, moitos obxectos da época: cerámicas africanas ou vidros tardorromanos.
A clave para entender estas idas e voltas para Concheiro pode estar aos pés do castro, onde os arqueólogos saben que está soterrada unha vila romana do século II-III d.C., aínda sen escavar. Ao final do Imperio romano puideron volver a subir ao castro ante o clima de inseguridade do momento. Unha cuestión intrigante é a aparición dun machado de orixe neolítica no nivel romano tardío. Hai dúas posibles explicacións, di Concheiro, unha, que empregasen a tecnoloxía da pedra pulimentada, cousa que me parece raro, e outra que fose algún tipo de amuleto, igual que sucedía moitas veces na sociedade tradicional galega.
Mañá viaxaremos por outros xacementos de Galicia.