O Centro IBBY da Cidade da Cultura está en suspenso

As circunstancias económicas obrigan a adiar o proxecto

A minoría cultural e lingüística era o motor dun acordo coa Xunta para crear na Cidade da Cultura un Centro IBBY (siglas en inglés da Organización Internacional para o Libro Xuvenil). A proposta, que complementaba o proxecto do Museo dos Nenos ideado polo anterior goberno, pretendía crear a primeira biblioteca internacional especializada en estudo e divulgación da literatura escrita para a infancia e a xuventude. Sen embargo, o proxecto está no aire, tal e como confirmou a La Voz de Galicia, María Jesús Gil, presidenta da Oepli. As circunstancias económicas imposibilitaron concretar o proxecto que se suspende coa intención de recuperalo máis adiante.

Ligazóns