Unha mostra recupera o Universo Galimatías de Fausto Isorna

Os visitantes recibirán un exemplar recopilatorio da revista

Álex Cal, Primitivo Marco ou Emma Ríos colaboraron na primeira temporada da revista xuvenil Galimatías dirixida por Fausto Isorna. Agora, todo o “Universo Galimatías” pódese contemplar nunha exposición na Biblioteca Fundación Caixa Galicia en Santiago a través das bandas deseñadas, cancións, animacións.... Os asistentes a esta mostra, que estará aberta ata o 30 de setembro, recibirá un exemplar recopilatorio da revista.